sábado, 27 de septiembre de 2008

Cogomelos


Hai un par de semanas que descubrín este cogomelo. Un pouco adiantado -pensei. Quizais sexa debido a abundancia de chuvias e tamén porque brotou á sombra dunha nogueira. Teño entendido que esas condicións lles favorecen.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de seguir a ligazón que nos propós e pareceume que as setas velenosas son bastante máis bonitas ca as outras, o que non deixa de resultarme inquietante...

Anónimo dijo...

Si, as setas máis coloridas, son velenosas; como a natureza é sabia, aparecen como semáforos vermellos que nos avisan dun perigo. Pero, amigo Falabarato, iso tamén acontece con outros seres vivos; o dito: non te fíes das aparencias...
Unha aperta.

Anónimo dijo...

O que parece virtude pode levar á ruina e o que parece vicio ao venestar...O.