viernes, 12 de septiembre de 2008

Amoras






Crema de amoras

Ingredientes:
-400 g de amoras
-150 g de azucre
-300 g de queixo mascarpone
-Azucre glass
-1/2 limón
-1/2 vaso de auga
-Canela en po

Preparación:
Lavar as amoras e poñelas nun cazo. Espolvorealas co azucre. Engadirlle o zume de limón e a auga, remover ben . Cocer lentamente durante uns oito minutos. Deixar enfriar.
Mesturar o queixo co azucre glass.
Servir a crema cunha cullerada de queixo azucarado e engadirlle un pouquiño de canela en po.
Tamén se pode servir con xeado.

Bo aproveito!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai tempo que non pasaba por aquí. Gracias por acordarte de traernos as moras e a receita ten moi boa pinta. Probarei a facela.
Un abrazo.

Anónimo dijo...

Pois eu o que espero é que me traias a proba, vale?

Anónimo dijo...

Quedades convidados para a próxima, de acordo? Estas estaban moi boas. Hai outra receita que a min me gusta aínda máis: comelas ao pé da silveira mentras dás un paseo. O sábado pasado, despois do chaparrón que caera pola noite, estaban riquísimas.