sábado, 2 de agosto de 2008

Capela



Capela da Nosa Señora

Aínda que non o pareza, entre as dúas imaxes, hai tan só a diferenza duns cinco minutos. Estaban sendo as dez da noite. De repente, o ceo quedou nubrado. Que pena! - pensei. Todos os anos procuro pasar por aquí e facer unha paradiña. Para min (coma para moita xente, imaxino) é un lugar máxico a calquera hora do día, en especial, ao atardecer. Dispoñía de pouco tempo, a penas un cuarto de hora; e o sol, empeñábase en xogar ás agochadas... Saquei a primeira foto e din un par de voltas ao redor; despois, asomeime á varanda de pedra para contemplar o horizonte escuro, mentras me lamentaba por non ter chegado un pouquiño antes. Nisto, aquela nube pillabana e, quizais arrepentida, apartouse e deixou paso a un sol avermellado. Si, agora si, era a luz dourada da Lanzada ao solpor! Que sorte tiven!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A luz do crepúsculo sempre é máxica, pero estou de acordo contigo en que na Lanzada aínda máis. Eu xa fai dous anos que non fun por alí, a ver en setembro. Sorte a túa topar cunha nube pasaxeira a esas horas, e tomáchelo con sentido do humor.
Un abrazo.

Anónimo dijo...

O sentido do humor que non nos falte.
Apertas, Cristina.