sábado, 17 de mayo de 2008

"Colorín"

Era un airiño suave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se meteu pola porta.
Era unha cantiga leda
que nacía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sutil
que baixaba das estrelas...
Eras ti!
Ao ver que non tiñas nome
maxinamos que serías
ventureiriña do monte.
Froleciña ventureira
que -ao millor- naceu co orballo
nunha luzada de estrelas.
Como andabamos a rir
-¡ventureiriña do monte!-
chamámoste "Colorín".
Xosé María Álvarez Blázquez. Roseira do teu mencer.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Este poema é precioso e as rosas tamén. Pero, non me digas que por ahí xa tedes rosas no mes de maio.
Bea, un abrazo.

Anónimo dijo...

As rosas digamos que son de arquivo, do verán pasado.
Unha aperta, Bea.