martes, 27 de abril de 2010

Solpor...


Avanzamos e sorrimos co “S”:

Solpor, solaina, sorriso, soño, sentimento, souto, soutar, sobreira, salgueiro, sabugueiro, sementeira, sachar, segar, situra, sebe, saramago, secadoiro, saia, saba, soidade, sociedade, sapiencia, sabedoría, selecto, saúde, san, satisfacción, sede, secretario, serenidade, simpatía, sinceridade, sendeiro, santuario, seica, santiagués, salpicón, sobremesa, saborear, saboroso, saliva, setembro, sábado, saúdos, saudade, segredo, salaio, salouco, susto, salto, sarabullo, sabichón, salvaxe, sal, salitre, salgadoiro, salmón, sargo, sardiña, sardiñada, saraiba, sauna, sedoso, sedutor, silandeiro, silveira, silvicultor, sufraxio, singradura, solsticio, sombreiro, sombrío, saxofón, samba, sorte…

Sofía, Sabela, Sinesio, Sálvora, Santiago, Servando, Saladina, Sebastián, Salvador, Saleta, Severino, Salomé, Silvia, Samuel, Sara, Saúl, Serafín, Simón, Siro, Sonia, Socorro, Sisto, Susana, Sol…


sábado, 24 de abril de 2010

Melodías




“A tristura é un xeito de interpretar melodías fermosas, que acaban por proporcionar ledicia.” Chousa de Alcandra (Harmonía-Espertando, 16-3-10).

miércoles, 21 de abril de 2010

Do mar


De Camelle os baixos son
mui garridos ó mirar,


nun día craro de inverno
cando o vento en calma está:


o pescador dende lonxe,
con doce e secreto afán
de bruzos sobre da proa
os está vendo branquear.

Eduardo Pondal


-Abride esa xanela que quero ollar o mar.

Seica foron as derradeiras palabras de Rosalía de Castro.


Meus ollos van por lo mare,
mirando van Portugale

Cación popular anónima do século XV ou XVI.

Dulce Pontes – Cançao do mar

lunes, 19 de abril de 2010

Rapaz...



Co “R” escribimos hoxe:

Rapaz, raparigo, roseira, rego, regato, regueiro, retranca, reflexión, romaría, romaxe, riso, risada, refugallo, ribeira, ribeirense, rula, raposo, ra, rocha, rocalla, raiola, recuncho, recanto, rebumbio, rodicio, rúa, ringleira, relanzo, ribeira, reciclaxe, raíña, roxo, rubio, rizón, remorso, remexer, rabuñar, rebulir, rebuldeiro, rabexada, refacho, roupa, ramallo, rastrollo, razoar, refrán, rebolo, receita, rosquilla, regalo, reloxo, respecto, recendo, recital, redobre, refuxio, reler, regar, relear, rella, resío, retrato, revello, rexeitar, rodaballo, romance, rústico, ruxido, ruxerruxe, repouso…

Ramón, Rosa, Rosalía, Ruth, Ricardo, Raúl, Remedios, Rubén, Roxelio, Raimundo, Rita, Rafael, Ramiro, Rebeca, Raquel, Roberto, Rosario, Rosendo, Rodolfo, Ramiro, Roque…

sábado, 17 de abril de 2010

Gratitude

A gratitude é unha flor que brota da alma.
Henry Ward Beecher

miércoles, 14 de abril de 2010

lunes, 12 de abril de 2010

Aquis Querquennis



De novo nos acercamos á Baixa Limia. Esta vez, visitamos o Campamento romano de Aquis Querquennis no Concello de Bande (Ourense).

sábado, 10 de abril de 2010

O "Goji"


Un día na froitería:
- Que froitos son eses?
- Son “bayas de goji”, unha especie de uvas pasas.
- E que tal saben?
- Toma, proba. Ao principio teñen un sabor extraño…
- Uhm… extraño, si. Máis ben doce, non?
- Pero teñen moitas propiedades: son boas para o colesterol, para a circulación, para a artrite, para o intestino, para a memoria, como anti-envellecemento………
- …!?? (Non estará esaxerando un pouco, con tal de vender…)
.
En canto cheguei á casa e tiven un momento, consultei ao google acerca do milagroso froito, para min descoñecido ata o momento:


A pasada semana, escoitei nun programa de televisión que nalgúns establecementos nos que venden chucherías e lambetadas varias, estaban introducindo os froitos do Goji. “Como teñen esa cor vermella tan intensa, chaman a atención e os rapaces anímanse a probalas”,- afirmaban.
A ver se é verdade que consiguen cambiar o hábito dos máis cativos de consumiren azúcares e colorantes e no seu canto empezan a tomar alimentos que lles aporten unha boa dose de oligoelementos, aminoácidos e demais nutrientes.
A coidarse!

jueves, 8 de abril de 2010

O tempo pasa


Xa pasaron dous anos desde aquel día de abril no que abrín as portas a este espazo virtual. Dito doutra maneira, supuxo o comenzo dunha entretida viaxe cibernética, na que continuamos.


O poema que vos achego, tamén fala dunha “viaxe”:

Cuando emprendas tu viaje a Itaca
pide que el camino sea largo,
lleno de aventuras, lleno de experiencias.
[…]
Ten siempre a Itaca en tu pensamiento.
Tu llegada allí es tu destino.
Mas no apresures nunca el viaje.
[…]
Itaca te brindó tan hermoso viaje.
Sin ella no habrías emprendido el camino.
[…]
Aunque la halles pobre, Itaca no te ha engañado.
Así, sabio como te has vuelto, con tanta experiencia,
entenderás ya qué significan las Itacas.

domingo, 4 de abril de 2010

O sétimo día


Para rematar esta semana de Pascua, tráioche un anaquiño de rosca e un groliño de vinho do Porto. Gostas?
Mentres o saboreas con tranquilidade, podes ver e escoitar este contiño animado de Juan Manuel Costa. Que o desfrutes!

viernes, 2 de abril de 2010

Queixo...


Chega a quenda do “Q”:

Queixo, quietude, quedo, querido, quenlla, quebracabezas, queima, queipo, queiroga, queixada, queixería, queixume, quenda, quenlla, quentura, quincalla, quinqué, quinteiro, quinteto, quiosco, quizais…

Queipo, Quintín, Quinto, Quintiliano…


jueves, 1 de abril de 2010

Introspección


¿Cómo seré yo
cuando no sea yo?
Cuando el tiempo
haya modificado mi estructura,
[...]
Ángel González