lunes, 29 de marzo de 2010

Zobra IV


“Xunto coa serra do Candán foron os montes que nos viron nacer. Escoitaba na casa que era un lugar ermo. Cando subín, pareceume algo exclusivo, e quedaron recantos... que namoran.-“ Neves (Harmonía-Zobra, 17-04-09).








Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar.

Uxío Novoneyra. Os Eidos.


sábado, 27 de marzo de 2010

Soños


Tan perto o canto cando che eu miro!
Como si chegara a nembrar pro que eu nacera.
Xuventú!
Indainda, Xuventú.

Uxío Novoneyra. Muller pra lonxe.


miércoles, 24 de marzo de 2010

En cachos


Hai uns días, un compañeiro, comentoume que andaba con reformas na casa. Como consecuencia das obras, vese obrigado a soportar un ruído moi molesto durante varias horas ao día. “Mesmo parece que vai romper o edificio en cachos”, dicía. Ás veces, é necesario facer cambios: tirar tabiques, crear novos espazos, abrir outras portas e ventás… Inda que durante un tempo haxa que sufrir o desagradable eco dos golpes da maza ou do martelo ademais do espantoso son da rebarbadora, sempre albergas a esperanza dunha recompensa, dun cambio positivo que che reportará algún beneficio. E así será.


Pensando nesta conversa, recordei unha película que vin hai cousa dun ano e que repetín a pasada fin de semana, esta vez en versión española. Trátase do filme titulado My Blueberry Nights, dirixido polo xenial cineasta oriental Wong Kar-Wai. Gustoume a primeira vez e encantoume a segunda. Unhas pinceladas sobre a estética: a perfección dos planos cortos, a beleza e a sensualidade da luz, a sutileza dos sons, a delicadeza da música, o ritmo lento, os efectos tecnicamente ben logrados, os diálogos sempre oportunos coidando cada palabra e cada xesto, a importancia dos silencios… Sinopse: a protagonista é unha xoven que comenza unha viaxe espiritual para intentar recompoñer a súa vida. Non vou comentar máis. Déixocha como proposta, por se che interesa, para os próximos días de Semana Santa.

sábado, 20 de marzo de 2010

Xa chegou!


Xa chegou…


a primavera


… xa está aquí.

“Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros…”

Rosalía de Castro. En las orillas del Sar.

Primavera

Axiña

martes, 16 de marzo de 2010

Espertando





Porvenir

Te llaman porvenir
porque no vienes nunca.
Te llaman: porvenir,
y esperan que tú llegues
como un animal manso
a comer en su mano.
Pero tú permaneces
más allá de las horas,
agazapado no se sabe dónde.

...Mañana!
Y mañana será otro día tranquilo
un día como hoy, jueves o martes,
cualquier cosa y no eso
que esperamos aún, todavía, siempre.

Ángel González

sábado, 13 de marzo de 2010

En Carnota



Son las gaviotas, amor.
Las lentas, altas gaviotas.

Ángel González




Queda tan só unha semana para que empece, oficialmente, a primavera. Parece que este ano vén un pouco adormecida, non credes? Imos poñerlle música para ver se vai espertando…

miércoles, 10 de marzo de 2010

Piñeiros...


Desta volta, escribimos con “P”:

Piñeiro, pai, padriño, parentela, palabra, pausa, pensamento, pan, pomba, pombal, peto, parrulo, papoia, paxaro, paporrubio, prado, paseo, paisaxe, paraíso, poeta, poetisa, poema, pena, pinga, pingueira, pavía, paixón, pandeirada, procesión, pendello, parroquia, pa, perpiñao, pegada, peixe, peito, peitear, perruquería, puntilla, pexego, parra, peneira, palco, parabéns, prego, pardo, peirao, porto, penedo, percorrer, paseniño, poesía, ponte, presa, présa, pallaso, praia, pedra, paleógrafo, pelouro, penedo, pancada, pemento, palloza, palleira, peitoril, pés, piedade, pano, pataca, pera, papeis, percorrido, paz, paciente, pacífico, piano, paella, palidez, palmada, pálpebra, palpitar, papoula, parabén, paradoxo, parafuso, pasadoiro, pedregal, pasaxeiro, pateira, pelica, pucho, perdón, peregrino, perfume, perexil, pictograma, perspectiva, políglota, privilexio, pícaro, polbo, podar, puño, puntualidade, pupila…


Paz, Pedro, Paulino, Pilar, Pascual, Perfecta, Preciosa, Piedade, Palmira, Peregrino, Purificación, Pío, Platón, Prácido, Primitivo, Prucencio, Paio…


Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?

Eduardo Pondal. Os Pinos