jueves, 28 de mayo de 2009

Auga, amorogos...


A idea xurdiu ao ver que nalgúns blogues aparece na marxe unha nube de palabras, relacionadas cos contidos das entradas que se van publicando. Como sempre me gustou xogar coas palabras (cos seus grafemas e coa súa fonética, dicilas en voz alta e en silencio, escribilas e reescribilas…), pensei en crear unha nube con vocábulos que fose recollendo. Co gallo da recente conmemoración do Día das Letras Galegas e tamén tendo en conta o “rebumbio” que se está a armar co denominado “conflito do galego”, decidín ir traendo, pouco a pouco, unha escolma de voces da nosa lingua, por orde alfabética. Comezamos coa letra “A”. Podedes engadir máis, se vos apetece.



Auga, agora, acariñar, aloumiño, amora, amoriño, ameixa, almorzo, aguia, abelá, andoriña, amodiño, andaina, aperta, abur, agarimo, avós, algures, azucre, alcume, amizade, albiscar, abeiro, áncora, achega, acadar, amolar, amarelo, antergos, acivro, ameneiro, algarabía, apañar, anel, antollo, artello, acubillo, axiña, alpendre, argallar, amencer, agro, adiviña, arredor, aceno, árbore, arume, arrolo, alfaia, asexar, asubío, arrecendo, agromar, artellar, amorogos

Antía, Alba, Asunción, Abel, Azucena, Araceli, Anselmo, Amparo, Adán, Ánxela, Armando, Aurora, Avelino, Alexandra, Aída, Adrián, Amelia, Adriana, Amancio, Auria, Afonso, Amalia, Aitor, Ainoa, Alberto, Adela, Albino, Aleixa, Alicia, Antón, Aura…

domingo, 24 de mayo de 2009

Muxía


As cores do solpor.


A luz do amencer.

O Santuario da Nosa Señora da Barca e a Pedra de Abalar.


O faro.


Pedra e mar.


Divisando o horizonte.

As pedras aínda amosan as pegadas daquela mancha negra como se fosen doridas cicatrices, mentres se deixan acariñar unha e outra vez pola escuma branca das olas que veñen e van.

Mareas vivas. A serenidade das pedras. A frescura do mar bravío. A paz dun horizonte limpo. A tranquilidade do mar... Para quedar alí mirando e escoitando...

martes, 19 de mayo de 2009

domingo, 17 de mayo de 2009

Zobra III


Seguimos camiñando río arriba polas ribeiras do Deza, esculpidas polo curso da corrente. Chamaba a atención a intensidade das cores verdes, a luz profunda que se filtraba por entre as pólas das árbores cara o mediodía, a transparencia das límpidas augas que deixaban ver o leito do río formado por auténticos mosaicos de croios, e a tranquilidade que se respiraba… Só interrumpida polo canto dos paxariños e o son da auga ao saltar polas presas. Un espectáculo da natureza.


sábado, 9 de mayo de 2009

... e discordancias


Toda a harmonía total deste mundo está formada de discordancias.
L. A. Séneca


Na imaxen deste post, non se aprecia moita beleza. Eu síntoo, pero foi o que me chamou á atención hai uns días cando camiñaba polo peirao dunha vila da Costa da Morte. Sentín mágoa e veu á miña memoria aquela sentenza: "O ser humano é o único animal que ousa destruír o seu propio hábitat..." Tamén lembrei esta canción:

jueves, 7 de mayo de 2009

Harmonías...


O universo ten a suficiente harmonía, para que todas as especies e elementos que o forman, poidan existir e coexistir tanto individual como colectivamente con ou sen influencias entre eles.

Leibniz



domingo, 3 de mayo de 2009

Malpica

De visita por Malpica hai case un mes, o domingo 5 de abril. Era o mediodía e andabamos buscando un lugar onde xantar. Durante o paseo, descubrín este rincón: unha ventaíña aberta ao Atlántico.
Rocha e mar.

Esta fermosa gaivota que captei grazas ao zoom, parece estar acostumada ás instantáneas e desfruta do seu habitat sen inmutarse.

Vista do porto por entre os barrotes de ferro.

Dende o balcón: vista do pobo asomando ao peirao.

O monte verde salpicado de floriñas de primavera. As Illas Sisargas, importantes polas súas colonias de aves mariñas. E máis alá, o azul que se perde na inmensidade do mar.