sábado, 31 de mayo de 2008
viernes, 30 de mayo de 2008
sábado, 24 de mayo de 2008
Escultura... natural
martes, 20 de mayo de 2008
Grafiti rupestre?

Unha mañá de domingo, camiñando pola beira do río Deza, ao seu paso pola parroquia de Zobra, observei estas "pintadas" na parte inferior dunhas rochas. Podería dicirse que son unha combinación de grafiti e pintura rupestre recente. A min pareceume... orixinal. E a ti?
sábado, 17 de mayo de 2008
"Colorín"
Era un airiño suave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se meteu pola porta.
Era unha cantiga leda
que nacía non sei onde
e petaba na fiestra.
Era unha gracia sutil
que baixaba das estrelas...
Eras ti!

Ao ver que non tiñas nome
maxinamos que serías
ventureiriña do monte.
Froleciña ventureira
que -ao millor- naceu co orballo
nunha luzada de estrelas.
Como andabamos a rir
-¡ventureiriña do monte!-
chamámoste "Colorín".
Xosé María Álvarez Blázquez. Roseira do teu mencer.

sábado, 10 de mayo de 2008
Muíños

A Ruta dos muíños sitúase no concello de Lobios, dentro do Parque Nacional da Peneda Gerês.
....
....
...
O seu
trazado
discorre
por ambas
marxes
do
Río Vilameá.

Durante o percorrido podemos observar doce muíños.

Cinco deles atópanse ao longo da marxe esquerda do río e os sete restantes na marxe dereita.

Todos eles restaurados polo Parque Natural.

Entre o conxunto dos muíños hai dous co tellado de pedra, outro con madeira e palla de centeo (colmo) e o resto de madeira e tella.
domingo, 4 de mayo de 2008
Portas
- E por que o preguntas?
- Porque é a que ten máis "adornos" na porta.
- Porque é a que ten máis "adornos" na porta.
Tería razón o rapaz?
A Cela, Lobios (Ourense)
jueves, 1 de mayo de 2008
Maio
Maioé
florido
e
fermoso.

Moraima
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.
Celso Emilio Ferreiro.
Celso Emilio Ferreiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















